Prioridades 2

9, Febreiro 2024

Pois estás no teu dereito que che faga moita gracia que haxa xente que  crea no proxecto que representa o CD Arenteiro, que representa o proxecto de moita xente que cree no Carballiño, non entendo -ou si- como che pode molestar, a outros - e asegúroche que somos moitos,  máis que gracia o que nos da é moita pena outra serie de actitudes e comportamentos, que no fondo responden a pensamentos binómicos, e por suposto, os que sempre lles asiste a razón suprema. 

Non fagas  demagoxia para desacreditar un proxecto que fará maís grande O Carballiño, a educación e a sanidade non son de competencia municipal, ter unhas instalacións deportivas, culturais, recreativas, sociais, etc que non sexan unha vergonza para O Carballiño, si son de competencia do concello.