Privatización da xestión da auga en Maside
O cinco de xullo diste ano, sorprendeume unha noticia que lin no
diario La Región según a cal, o Concello de Maside está barallando a
posibilidade de adxudicarlle a xestión do suministro da auga a unha empresa
privada. Alarmoume a nova despois de coñecer o descontento dos veciños de
Punxín, que están a sufrir prácticas abusivas por parte da empresa
Aquagest, na que por certo, é ben coñecido que traballan familiares de
políticos do PSOE. Según o alcalde de Maside, o que pagan os veciños non
cubre o custe da auga, o cal ten a sinxela solución de subir as cuotas sin
necesidade de privatizar un servizo básico. Sin necesidade de que unha
empresa como Aquagest, que non gastou nin un can nas infraestructuras de
Punxín, esté a cobrar un alquiler dos contadores, aos donos dos mesmos, é
dicir os veciños. Porque foron os veciños os que puxeron os propios
contadores, e agora Aquagest estalles cobrando un alquiler. Non sei si esta
práctica entra no eido do delictivo, de verdade, non o sei, pero como
mínimo pode considerarse unha práctica abusiva. Teño que pedirlle o
alcalde de Maside que non cometa o grave erro de adxudicarlle a xestión da
auga, nin a Aquagest, nin a ningunha empresa do grupo, e máis, pediríalle
que non privatizase a xestión da auga, e que non hipoteque por 25 anos como
no caso de Punxín, o suministro dun servizo esencial. E Pídollo 1º) porque
non o incluiu no seu programa electoral, e penso que sería un fraude
electoral que privatizase a xestión da auga. 2º) Porque existe unha
solución mais razoable, que é subir as cuotas, pero non abusivamente como
fai Aquagest, e as veces con carácter retroactivo como está acontecendo en
Punxín, senon, única e exclusivamente en proporción ao desfase do que
pagan os veciños, e o que realmente gasta o concello. 3º) Porque non é de
recibo que un alcalde neste caso do PSOE, pero extendo isto a todolos
alcaldes de todas as militancias, utilice a representatividade e confianza
que os veciños depositaron nil, pra servir a intereses distintos aos dos
veciños, intereses que nada teñen que ver co interese xeral.