A quen engaña o Alcalde de Boborás ?
O Pasado dia 13, o Alcalde de Boborás a través de COPE O CARBALLIÑO comunica que os continuos cortes de luz en distintos lugares do Concello son producto de "SABOTAXES". Ese mesmo dia ó diario LA REGION, tal como recolle a edición do día seguinte, comenta que os cortes son debidos as inclemencias do tempo a asi dí "nestas épocas de choiva, neve e vento e temporal, o sistema eléctrico está a sufrir avarias todolos anos e en calquera municipio de Galicia coma o noso, é a empresa responsable das reparacións quen ten que arranxalas pouco a pouco". Esto é exactamente o que dixo e de ahí que se teñan que facer as seguintes preguntas
1ª Cómo é posible que o Sr. Alcalde NO MESMO DIA dé unha información distinta a varios medios de comunicación?
2ª A quén engaña o Sr.Alcalde, á COPE, a La Region, aos veciños, aos membros da oposición, ou a todos xuntos?
Convén deixar as cousas perfectamente claras e a ver se se ACLARA o Sr. Alcalde.
Asdo: Mª Dolores Cachafeiro e Manuel González. Concelleiros do BNG de Boborás.