A río revolto...
A menos de dúas semanas de cumprirse tres meses dende o inicio da
tempada de pesca, xa é hora de que alguén con responsabilidades na xestión
da sociedade que xestiona o coto no Arenteiro explique públicamente os
motivos polos cales a situación de precariedade de marzo aínda se mantén
na actualidade. A drástica reducción no número de permisos nunha
porcentaxe aproximada do 60% en días laborais e festivos caeu coma un xarro
de auga fría nos socios no mes citado. O presidente asegurou que na data de
convocatoria da asamblea, a finais de febrero, non tiña coñecemento deste
cambio radical, que achacou á Consellería de Medio Ambiente. Nembargantes,
xa se pode contabilizar, agora, o descenso dunha media de 3.000 pescadores
neste trimestre. Alguns, do propio municipio, e o resto, doutras comarcas de
Ourense, Galicia, León ou Asturias. Persoas, estas, que sempre que acudían
ó Carballiño facían gasto en establecementos de hostelería ou do comercio
local. Por elo habería que preguntarlle ós señores da directiva se
solicitaron a colaboración e intermediación do Concello ante a Xunta para
correxir a perda dos dereitos de pesca, que evidentemente tamén repercute na
economía do municipio. Pero, por riba de todo, os que o pior o están a
pasar son os asociados, que abonaron os seus 50 euros de cuota (e outro máis
por día de pesca) e agora carecen de posibilidades de practicar o seu
deporte favorito. Cecais detrás do previsible desmantelamento da Sociedade
de Pesca Deportiva ante o abandono dunha boa porcentaxe dos seus afiliados,
esté a pantasma da privatización deste tipo de cotos, que finalmente
serían xestionados por unha empresa amiga en réxime de concesión, ó igual
que a recollida de lixo, os servizos sociais e de recadación, a sanidade e
outros. O presidente está na obriga de respostar a estas inquedanzas.