Rúa de Ourense, piscina do Carballiño
Lamentable é o estado no que se enconta a Carretera de Ourense a altura do
Edificio Fraguas, ten máis aspecto dunha piscina que dunha estrada que é
unha das entradas principais a nosa vila, a ver se de unha vez por todas os
políticos de turno collen nota e arranxan este problema que xa non sei
cantos anos levamos sufrindo, pois ó saír a rúa e camiñar pola acera hai
que gardar o turno para que non pase ningún coche porque nunha destas
pégache unha ducha que te deixa pingando.