As rúas do Carballiño urinarios públicos ?
Quero a través destas liñas denunciar publicamente a mala educación, así
coma a falta total de civismo da que fan gala algúns dos nosos conveciños
desta nosa vila xa que teñen o mal costume de facer "pipi" nas rúas e
prazas do Carballiño sen ningún de reparo convertindo deste xeito as nosas
rúas e prazas en urinarios públicos, cousa que acontece na Praza das Monxas
onde tanto detrás da escultura do violín que se atopa nesta praza como na
rúa que baixa dende esta praza ata a rúa Principal que se convertiron en
improvisados mexadeiros onde fan as súas necesidades nas fins de semana os
mozos que saen de marcha e de diario todas aquelas persoas (vellos, nenos que
xogan na praza e tódalas persoas que por alí pasan) que sinten a imperiosa
necesidade de facer as súas necesidades alí, cousa que fai que tanto no
verán coma no inverno de tanto orinar nestas zonas se desprenda un
fortísimo cheiro a mexo que tira de espaldas ós viandantes que por alí
pasamos.
Ademais esta zona non é a única onde se mexa xa que hai xente que fai as
súas necesidades noutras rúas do Carballiño onde os que non poder aguantar
o chamamento da natureza orinan en portais das casas, dentro de caixeiros
automáticos ou nas mesmas rúas, cousa que pasou o outro día cando vin na
esquina do estanco que se atopa na Praza Maior un neno que por orde da súa
nai se poñía a mexar tan tranquilamente e como si tal cousa, limitándose a
nai a decirlle ó seu fillo que afinase a puntería para acertar nun
sumidoiro.
Despois do eiquí acabo de expoñer quero preguntar que é o que fan as
autoridades municipais para evitar semellante espectáculos e os cheiros
nauseabundos que se desprenden destas malas costumes. ¿Non creen que xa son
horas de tomar medidas ó respecto e multar ás persoas que fan as
necesidades en plena rúa e que as autoriades municipais limpen e laven a
parte posterior da escultura que se atopa na praza das Monxas e a rúa que
baixa cara a rúa Principal para evitar os malos cheiros noxentos que alí se
desprenden de tando facer "pipi"?