A realidade de calquera foto
Por alusión me vexo na obligación de aclarar certas cousas con respecto a certos aspectos e comentarios das dúas últimas denuncias publicadas en esta páxina.
Agradecer as verbas demasiado excesivas de unha (non sei con que fin pois aínda que en esa foto saimos catro persoas, hai moitas máis persoas facendo traballo en esta plataforma) e respaldar totalmente o exposto na outra e con total fundamento.
Eu son un integrante máis de esa plataforma, e na xuntanza co presidente da Diputación quenes levaron a liña da conversa foron, efectivamente, Juan Pérez e Ramiro Bello. Ambos, ao igual que outras moitas compañeiras da Plataforma do Transporte, persoas moi implicadas en defender os dereitos da nosa comarca con respecto ao transporte.
Tal vez algunhas persoas, onde me incluo eu, non deberiamos aparecer en algunhas fotos debido a que temos un perfil político moi marcado e esa condición se pode utilizar con malicia ou buscando fins espurios.
Non vou pedir desculpas, porque non considero que fixen nada malo, pero certo é que en algúns espacios, persoas que batallamos no político debemos manternos máis en segunda fila. En este caso teño que aclarar que acudín a dita xuntanza porque outra persoa da directiva non puido asistir e me pidiron que acudise eu no seu lugar.
Espero que a miña aparición en esa foto non disvirtualice nin desmereza todo o traballo que está a facer xente como Ramiro, Juan, Jaime...e moitas outras persoas en esa plataforma e que ten como único fin recuperar servizos no tranporte público de O Carballiño e a comarca.
Sen máis, deixo aclarada esta polémica innecesaria e que só fai sacar o foco de atención e todo o noso esforzo onde o temos que poñer: na recuperación do transporte no Carballiño e na nosa comarca para que non desaparezcamos do mapa.
Un saúdo.
Manuel Nogueira Pérez