A realidade e o nerviosismo PPPSOE
Ó contrario da opinión do anterior copenauta, eu vexo outra realidade. Eu non votei a En Marea pero penso que fan unha labor moi digna. Non podo asegurar que sexan os de En Marea os que escriben no seu favor como asevera este copenauta, pero como o seu comentario tamén é anónimo como é o meu, postos a aventurarnos tamén poderíamos pensar que é un do PSOE moi contento con catro anos de falacias. Que foi do matadoiro? Que foi do desenvolvemento que eles denominaban vila morta cando estaban na oposición e agora esmorece a pasos agigantados? Que foi do pacto que suscribiron con en Marea para remunicipalizar os servizos? Non lle interesa a Fumega? Ten outros intereses? Todo esto non interesa? É mellor profanar tumbas? Qué foi da residencia? Por qué fan manifestacións en contra da sociedade patriarcal cando so cobran os concelleiros que son homes?
Ou quizáis ese comentario veña dun correlixionario do baltarato. Ese partido en descomposición que está farto de esquilmar aos galegos, e aos españois cando lle deixan.
Ambos partidos enténdesnse ben. O modelo de fillos de alcaldes e exalcaldes que queren seguir chupando do teto é o seu. E cando este politicos de profesión vense ameazados, ponse moi nerviosos. Eu non votei a En Marea pero desta volta eino pensar. Desde logo que os do PPSOE producenme a mesma repugnancia e o BNG anda desaparecido.