Resposta á "fantasía do Alcalde"
Ao fio da denuncia "Centro de saúde en Señorín, a fantasía do Alcade, teño que recoñecer que é un asunto que me ten intrigado.
E cales serían os terreos próximos ao helipuerto de Señorín? Ao mellor, por casualidade, se achegaban aos que o Alcalde e a súa familia ten por alí. Vamos, por dicir algo.
Tamén, por casualidade, veño escoitando desde dous anos para aquí e pleno tras pleno, ao portavoz de Espazo Común, Adolfo Nogueira, pedindo explicacións ao alcalde sobre a apropiación de terreos públicos por parte do seu familiar cun cerre de postes sen ter o título habilitante, que mais tarde o propio alcalde lle legalizou, aínda que os servizos xurídicos e técnicos do Concello certificaron a súa ilegalidade; e preguntando sobre as medidas que os responsables municipais tomaron para defender os bens municipais. As respostas do Alcalde, que se poden comprobar nas grabacións dos plenos, son esperpénticas.
Parece que hai presentada unha denuncia contra o Alcalde por prevaricación e tráfico de influencias por parte dos particulares tamén afectados. E a todo isto, onde estaba o resto da oposición e os medios de comunicación neste tempo?. Resulta sorprendente e mais que intrigante este clamoroso silencio.
Como dí a denuncia anterior, que cada quen saque as súas propias conclusións.