RESPOSTA A XUSTIFICACION DO CONCELLO POLO MAL ESTADO DA RUA TESTEIRO
TOTAL ABANDONO POR PARTE DO CONCELLO DA RUA TESTEIRO – CARBALLIÑO
Ante a rápida resposta, por parte dun anónimo, da queixa interposta esta mañán neste medio, pola Presidenta da Comunidade de Propietarios Av 25 de Xullo, 27- Rúa Testeiro, 14, debemos facer as seguintes matizacións:
- Debido ó estado actual, e mantido no tempo dende fai 15 anos, da Rúa Testeiro, consideramos que sobran as prepotencias por parte da Administración a hora de respostar; a non decir nada que aporte, pois….
- Non sei se vostede recorda ben ou non, o número de veces que tiveron que dar explicacións sobre o estado da rúa, pero eso, sinceramente non é asunto noso: VOSTEDES ESTÁN NO GOBERNO PARA DAR EXPLICACIONS AS VECES QUE SEAN NECASARIAS E REQUERIDAS POLA CIDADANÍA, SOBRE TODO CANDO NON ESTÁN APORTANDO SOLUCIONS AOS TEMAS. Non deberían olvidar que son os representantes da ciudadanía elexidos por ela.
- Os temas que o Concello teña que solucionar con ADIF ou con calquera outra Administración ou Organismo, é algo interno e entendo que propio do desempeño das suas funcións. O cidadán votoulles nas urnas para que vostesdes nos representen e velen polos nosos intereses, dando por suposto obviamente que están preparados para iso.
- Facer mención ao tema do importe que alcanza a licitación, paréceme fora de lugar, porque simplemente estamos reclamando ter una rúa cunhas condicións similares ás do resto do pobo.
Por tanto, esta maña simplemente MANIFESTAMOS por esta vía o noso descontento con CONCELLO DE O CARBALLIÑO, por manternos nunhas condicións propias dunha aldea de 1.920.
Como ben dixemos, acudimos a esta vía ao vemos desamparados totalmente por parte do Concello, así que creo que as palabras da persona que redactou a resposta a nosa queixa están TOTALMENTE FORA DE LUGAR; que menos ca un pouco de humildade e respeto para tratar de solucionar o tema.
Satisfácenos, ainda que iso non é suficiente, o feito de que recoñeza o MAL ESTADO DA RUA, pero esperamos que se deixen de dar tantas explicacións e PROCEDAN A FACER O SEU TRABALLO E ACONDICIONAR A RUA TESTEIRO o antes posible, que é o importante.