Roma non paga traidores
Esas son as verbas coas que se lle pagou a Judas Iscariote cando reclamou as suas 30 moedas de plata por traizoar a JC. Esta é unha das múltiples leccións que nos regala a Santa Biblia.
E o que acontece no PSdeG de Ourense e que pon ao PSdeG da nosa comarca no escenario do espectáculo dantesco protagonizado polo PSsss... (sabe Dios o que representa e o que significa), non ten desperdicio. Porque esta morea de iscariotes que agora apuñalan a Nacho, voceiro na Deputación, noutronte intentaban apuñalar ao beneficiario deste sacrificio propoñendo como deputado o fillo dun alcalde veciño polo ´grandioso mérito de ser fillo dun alcalde. Está por ver se este cainismo no ambito da deputación trasladase ó ámbito municipal e vemos unha revancha sustituindo o actual voceiro do PSdeG carballiñes polo fillo do alcalde veciño. Todo é posible na viña do Señor...
O que deixa ás claras esta morea de iscariotes cainistas, é que son absolutamente incompetentes pra arranxar os problemas de ninguén, que están aquí pra arranxar a súa sopa boba, e que neste xogo darwinista sobrevive o que máis capacidade teña de apuñalar o compañeiro.