Rotundamente, non
Din que as estadísticas son como os prisioneiros, se as torturas o suficiente cantan o que ti queiras. E todo o mundo cando lle vemos os c****** sabemos que era macho. Pola outra banda, as opinións son como os pandeiros, cada un ten o seu.
Pero o que nunca enganan son os números.
Temos un feito irrefutable que nos sinalan os números. A maioría absoluta de Fumega.
E na tertulia da Cope existe un corpo doctrinal dominante que sinala que a causa é a aparición en escena de Espazo Común. Permítanme discrepar enérxicamente e con números e feitos obxectivos.
Como podemos ver, a equipa de Fumega obtén 404 votos máis dos que tiña nas anteriores eleccións, e OLLO AVIZOR!!! O PP perde 853 votos, e o BNG 455. Estes son os catro partidos que obteñen representación, porque as mareas desaparecen do maa. O PP desplómase e perde un tercio do seu electorado. O BNG perde máis da metade do seu electorado, E Espazo Común pasa de cero a 1500.
Se outorgáramos certa credibilidade á teoría da irrupción de Espazo Común, teríamos que convir que é o que máis se beneficia da debacle tanto do PP como do BNG, como das mareas, e a pesar deso, Fumega con solo 404 votos máis obtén unha maioría absoluta, o que constitue unha paradoxa coa teoría da polaridade do voto, e a maioría absoluta de Fumega.
O único feito empírico que explica a maioría absoluta de Fumega é a sangría de voto de PP, BNG, e a desaparición do mapa das mareas. E ninguén será capaz de convencerme que a maioría dese voto foi para Espazo Común, que é o que máis crece pasando de 0 a 1500 frente a unha menor suba da equipa de Fumega.
Polo tanto o que habería que buscar, son as causas da sangría do voto tanto do PP, como do BNG, como das mareas. Entendo que tanto Lamazares como Manuel, busquen a teoría menos dolorosa, e Barge, ante un resultado que lle gusta busca explicación máis minimalista (o que é lexítimo e comprensible).
A partir de aquí, vai a miña opinión das causas da sangría. O PP comparece cun candidato novo que sae dun proceso de selección dubidoso, pouco transparente e con excesiva tutela do anterior candidato. E o novo, aínda que é un profesional de gran valía, e un perfecto tecnócrata, non é capaz de transmitir ilusión (de momento). O BNG, concurre tamén con outra excelente candidata, pero nova. E aquí vou rizar o rizo e entrar nunha contradición. E o gran fallo das mareas, é non haber concurrido con Manuel Nogueira. Opinión, pura opinión. Pero os números din que Fumega obtén a maioría absoluta polo desplome de PP, BNG e as mareas.