Señores/as Conductores/as, moita precaución na rúa Castelao
Fai meses que apareceron uns buratiños na rua Castelao. Os meses van pasando, sen que os nosos politicos fagan nada por arranxalos e agora xa son uns señores buracos. Será por falta de cartos, será por falta de persoal. Eu pregúntome ata cando teremos que esperar pra que os arranxen. Quizás ata as vésperas das próximas eleccións, pra daquela xa serán socabóns. Mentres tanto, o dito, moito coidadiño na rúa Castelao.