Segue o Trapicheo

2, Outubro 2009

Non quero aburrir a xente con este tema, pero non me gustaría que se 
esqueza. Fai unhos días denunciei que no cruce das rúas Calvo Sotelo e 
Xulio Rodriguez Soto pásase droga descaradamente. Pois seguimos na misma ou 
peor. Vese que ás nosas autoridades non lle gusta leer ou escoitar as nosas 
denuncias ( ou o que e peor saben de elas pero miran para outro lado). Xa que 
non fan nada voulle facilitar o traballo: pasen de vez en cando pola praza da 
biblioteca e controlen a cantidade de amigos da droga (audi tt, ford focus, 
renault 19, furgón bella easo, camioneta, etc...) que paran na cabina de 
teléfono a chamar (supoño que non será dificil saber a quen pois a 
mayoría das chamadas son deles). Despois dunhos minutiños de espera, unha 
muller aparece dende a avenida e producese o intercambio. Asi todo o santo 
día.
Espero que estes datos sirvan polo menos para que esta xente faga os seus 
negocios no medio do monte se queren, pero non diante de toda xente do pobo 
como se fora do mais normal. E recordo que nesa praza hai unha parada de 
transporte escolar. Gracias a Cope Carballiño por brindarnos este espacio, 
moitas gracias.