Sen trens e todos caladiños
Non temos trens, estamos cada día máis deixados da man de Deus e todos caladiños como se nada pasara. O asunto é indignante, non podemos estar sen servizo de trens e dame igual que sexan poucos os viaixeiros que suben ou baixan no Carballiño, se non o fan é porque NON HAI TRENS. As autoridades teñen que loitar e buscar solución. Comeza o deterioro dunha fermosa estación, que ADIF non esqueza que os terreos son propiedade do pobo e para algo se cederon. Qué atrasadiños quedamos e que perda máis grande...