Sigo sentindo vergonza
Antes de nada desexar a todolos féridos no incendio dise outro día a máis pronta recuperación e felicitar á todos os que co seu valor contribuiron á sofocalo lume. Dito isto sigo sentindo vergoña deste pobo, sigo sentindo vergoña deste pobo porque case morren 50 veciños de non ser porque Dios é grande e avisa antes de que pasen as cousas,sinto vergoña porque levamos anos e anos de goberno do PSOE coa única e primordial preocupación de colocar os veciños que lles votan e os seus amigos, independentemente de se o pobo ten unhas carencias ou non ten nada,importalles ben pouco O Carballiño,solo estar ben colocados e repartirse os poucos cartos que hay.Sinto vergoña porque durante o seu mandato a oposición,PP e BNG, non fixo nada por solucionar esas carencias, agás de enrredar e perderse en temas tan importantes coma a factura da fregona. Non vos da vergoña ver en tódas as cadenas de TV que no Carballiño apagan o lume os veciños a caldeiros de auga mentras o alcalde o graba por video, de como os dous bombeiros teñen mais medo cos veciños a meterse no lume, como a policia local non é capaz de acordoar a zona para que a xente non entorpeza, de como andaban os da Garda Civil facendo viaxes ó cuartel traendo material, por que non había nadie que llo traera.Non vos da vergoña ver todos os veciños mentendo o fuciño e esperando a ver os feridos cunha espera macabra saltandose a cinta posta para, precisamente eso. Por que non nos deixamos de tonterias e de debates absurdos e, entre todos conseguimos un parque de bombeiros profesionales e dedicados solo ser bombeiros e non á limpar as calles coa maguera cando non hai chollo. Porque non pelexamos por ter uns servicios sanitarios de urxencia profesionales, como o SAMUR,SUMA,DYA, pero en pequeno.Que vaian en sintonía cos bombeiros e sexan capaces de socorrer de verdade,non carrexar enfermos que é o que fan os de agora, con medicos e enfermeiros preparados en exclusiva para casos de emerxencia, non ir coller ó medico no ambulatorio e a ver o que facemos ó chegar o sinistro. Porque non pelexamos por ter mais policias locais e mais gada civil e que teñan un protocolo de actuación conxunto para casos coma o do outro día, e acuen sabendo o que facer e como. Para festas hai cartos,para farolas,para orquestas e magostos, co que se gasta nas do setembro págase unha ambulacia e ó soldo de dous profesionales,repito profesionales non carreta-feridos. Mentras non pase nada desto e sigamos votando pestes uns contra outros seguirei sentindo vergoña deste pobo.