Símbolo de decadencia
Fai tempo, era sinónimo de prosperidade. O cabaceiro cheo marcaba a diferencia entre sufrir un ano de precaridade, ou de presumir de "casa farta".
Nos nosos días, este hórreo que leva anos desafiando inútilmente as leis da física, non é outra cousa máis que o símbolo da decadencia do noso rural. Este en concreto, que se sitúa no concello de Maside, pero que podería atoparse en calquera dos pequenos núcleos de poboación da bisbarra, ademáis de amosarse coma unha xeometría que somella estar anclada por profundas raíces, e que se resiste a ser vencida pola gravedade coma se fora un equilibrista de pedra, representa, por atoparse nun espazo público un claro perigo.
Outra proba do abandono que sofren algunhas aldeas por parte da Administración. Empezando pola municipal, pois levando xa anos esta construcción ameazando con derrumbarse, ninguén ata o de agora resolvéu nada para eliminar este perigo. Descoñezo se o propietario foi apercibido pola administración competente. Sexa como fora, somella que ningún dos dous arquitectos integrados no Concello de Maside se preocupóu por solventar esta situación cuio inminente desenlace representa un perigo potencial.
Diríase que están ambos moi ocupados e que confían en que os veciños sigan "apuntalando" cos medios dos que, de maneira precaria, dispoñan en cada momento.