Sinalización moi insuficiente do Polígono Industrial
Se circulas pola N-541 sentido Pontevedra apenas atopas uns letreiros moi pequeniños ás aforas de Dacón e logo no cruce dos catro camiños cando xa é tarde para poñerte con antelación no carril correcto. Se circulas sentido Ourense igual situación nese cruce. Pero o máis surrealista é a ausencia total de sinalización se circulas pola AG-54 ao chegar a rotonda da Fontela. O resultado é que moitos transportistas que non coñecen o pobo acaban fiándose do GPS e meten o trailer ou a bañeira pola estrada de Corzos (a do ximnasia e a piscina), non vencendo o gálibo do túnel do ferrocarril o co resultado de ter que dar macha atrás de novo ata a N-541. E xa van unhas cantas veces que se repite esta situación. A única sinalización que está medio ben é a da estrada comarcal OU-504, pero claro primeiro hai que sinalizar ben o resto de estradas para conducir os vehículos a dita estrada comercal e evitar tráfico pesado pola Avenida de Compostela ou por Corzos. Senón non facemos nada.
Chama a atención o ben que se empeñaron en sinalizar Carballiño como vila termal con eses letreiros marróns tan grandes en todas as entradas do pobo e sen embargo lugares como o polígono están tan mal sinalizados.