SOBRAN AS PALABRAS, OS NÚMEROS NON ENGANAN...
Cos datos oficiais da Consellería de Sanidade a 31/12/21 as 18:00 horas:
-Ribadavia: 88 contaxios activos 1,75% da poboación enferma de Covid 1/56
-Maside: 50 contaxios activos 1,84% da poboación enferma de Covid 1/54
-O Carballiño: 267 contaxios activos 1,91% da poboación enferma de Covid 1/52
-Ourense cidade: 2086 contaxios activos 2% da poboación enferma de Covid 1/50
-Amoeiro: 48 contaxios activos 2,05% da poboación enferma de Covid 1/49
-Punxin: 18 contaxios activos 5,5% da poboación enferma de Covid 1/39
Ver pra creer! Os números non enganan.
Son veciño de Carballiño e vivo nun dos seus pobos. So onde vivo eu xa lles podo adiantar que dúas familias fixeron xuntazas de 4 e 5 unidades de convivencia distinta con xuntanzas de 14 e 18 persoas....
Se en cada pobo hai un par de casos así.... a onde imos chegar. En breve veremos os números da cea de fin de ano e comida de ano Novo.
Xa non digo nada de Reis e os datos que imos topar o día 10 cando teñamos que levar os nenos a escola.
Por certo,de 5 anos pra baixo están sen vacunar. E inevitable que estes rapaces se contaxien e traian o virús pra casa.
Con tódalas consecuencias que trouxo esta pandemia: mortes de xente que se foi antes de tempo, outra que inda podía desfrutar e facer desfrutar dos netos, crise económica con ERES, ERTES e peches de establecementos e que sigamos actuando asi.............. sen palabras.
A verdade e que estou moi decepcionado co comportamento desta nosa sociedade.
Feliz Ano Novo a todos.