Sobre a "Asociación de Pulpeiros do Carballiño"

26, Xaneiro 2012

Fai pouco tivemos noticia de que se constituíu no Carballiño dita  
asociación de pulpeiros. Unha gran noticia, en principio, xa que todos  
sabemos o emblema que supón o pulpo para a nosa vila. Polo tanto, toda  
iniciativa que supoña a unión, a integración e o traballo en común aredor  
dun dos símbolos máis importantes desta vila, sempre será positiva.

O problema e que parece que esta asociación non nace co fin de unir, de  
integrar e de traballar en común.
En principio, unha asociación que se chama “de pulpeiros do Carballiño”  
debería ter como requisito único para poder formar parte dela: ser pulpeiro  
e ser do Carballiño. Parece o máis lóxico.

Pero esto non é así, en palabras da súa presidenta: “aínda que a  
asociación está aberta a todos os que exercen como pulpeiros, a marca  
identificativa daráselles a aqueles que demostren máis de 20 anos de  
profesión”

Aquí entendese que ainda que podes formar parte da asociación a marca  
identificativa non a terán os pulpeiros que non acrediten 20 anos de  
profesión. Eu preguntome, se o obxectivo principal co que nace esta  
asociación e crear unha marca corporativa que distinga ós “pulpeiros do  
Carballiño”
dos demais pulpeiros. ¿Quen vai querer formar parte dela senón van ter  
dereito a identificarse coa “marca corporativa”? ¿Senón os van a  
recoñecer como membros dela?

Entón esta asociación está creada para os pulpeiros do Carballiño que  
leven máis de 20 anos no oficio. Eu topo esto bastante excluinte. ¿Por qué  
non se acolle a tódolos pulpeiros que queren formar parte dela? ¿De verdade  
que se necesitan 20 anos para aprender o oficio?
Non deberían ter dereito calquera persoa que se dedique a esta profesión e  
sexa do pobo, a formar parte dunha asociación que se chama de pulpeiros do  
Carballiño?

Din que por tradición, eu creo que por competencia, por eliminar  
competencia. O prezo do pulpo está moi alto, a crise nótase, e os pulpeiros  
reducen beneficios. Unha boa maneira de intentar solucionalo é xuntandose as  
familias máis “tradicionais” ou tamén “poderosas”  entorno a unha  
asociación que os identifique e distinga, non tanto dos pulpeiros de fóra,  
senón dos de aquí. Dos pequenos pulpeiros, que non levan 20 anos no oficio,  
pero que lle fan competencia e que lle quitan mercado. E que están tan  
lexitimados a gañarse a vida no seu oficio como os demáis. E que farán o  
pulpo peor, igual ou mellor, pero eso xa o decidirán os seus clientes, eu  
penso que a tradición non é unha variable imprescindible para facer ben as  
cousas.

Polo tanto non vexo lóxico o que se fai, non entendo que un alcalde que foi  
elixido para representar os intereses dos cidadáns, de todos, lle otorgue a  
esta asociación, ademáis de axudas, cabe supoñer, xa que publicitan ó  
Carballiño, a capacidade de que sexan os únicos que representen o pulpo  
desta vila. No carballiño ai moitos máis pulpeiros ca 20, moitos máis, e  
se non forman parte da asociación a maioría deles e porque ainda que  
quixeran non podían.
Un alcalde non pode estar orgulloso dunha asociación que deixa máis  
pulpeiros fora dela dos que integra, esa é unha posición tendenciosa, que  
non representa o que se supón dun alcalde de todos.
Un alcalde non pode decir que coa creación desta asociación se apoia os  
pulpeiros e pulpeiras do Carballiño, porque o que realmente se fai e apoyar  
a uns poucos (os cales non o necesitan) e perxudicar a outros moitos, os que  
máis apoio necesitarían, que acaban de empezar, ou levan pouco tempo na  
profesión e teñen moitas máis dificultades, nun gremio xa de por si  
difícil.

Non considero xusto que un pulpeiro que leva 4, 8, 10 ou 15 anos na  
profesión, non poda levar un rótulo no seu paraugas que indique que é un  
pulpeiro do Carballiño, un logotipo identificativo que indique que pertence  
a unha asociación de pulpeiros do Carballiño, polo mero feito de que ainda  
non leva 20 anos na profesión. Non me parece “ético” paréceme  
excluinte, e un Alcalde non debe apoiar a unha asociación excluinte.

Unha humilde opinión.