Sobre as declaracións do alcalde de Piñor e a mancomunide do Carballiño e a súa similitude coa Mancomunidade do Ribeiro
Desde 2017 os socialistas do Ribeiro vimos denunciando as dificultades que os nosos concellos teñen para atender as necesidades dos nosos veciños por falta de recursos económicos, cando estes saen da caixa do Concello e van parar á Mancomunidade, co único fin de mantela aberta e non por facilitar máis servizos, mellores e máis económicos .
Nas súas declaracións o Alcalde de Piñor recoñecía, que do mesmo xeito que no Ribeiro, as liquidacións a finais de cada ano, sempre eran maiores que as previstas a principio e que o custo dos servizos prestados pola Mancomunidade do Carballiño “resultaba máis caro que cando os prestaba o Concello de forma directa”, exactamente igual que ocorre na Mancomunidade do Ribeiro, a pesar das manipulacións e mentiras nas súas declaracións por parte do seu Presidente Fco José Fernández Pérez.
Consideran os socialistas que a Xunta de Galicia debería tomar boa nota para fiscalizar, como di o alcalde de Piñor, a xestión dos recursos económicos na Mancomunidade, pois tanto nunha mancomunidade como na outra máis do 50% do orzamento das mesmas finánciao a Xunta de Galicia.
Desde o Ribeiro lembrar á Xunta a opacidade da información e documentación por parte da Mancomunidade non só para a oposición senón tamén a gran dificultade que supoñen esas contas para o traballo dos interventores dos Concellos, ninguneados desde o primeiro día.
A pesar de todo iso lembrarlle á Xunta, ao Presidente da Mancomunidade e aos alcaldes, o trato de favor que se dá a un Concello na repartición dos custos do servizo de lixo e desde hai anos, a recadación en taxas de lixos por encima do custo do servizo nalgúns concellos, o traspaso de custos de gastos xerais a custos do servizo de recadación, o baixo número de horas de servizo que prestan as maquinas da mancomunidade fronte ao custo de mantemento das mesmas.
Despois de todo isto só queda esperar que os concellos sigan incrementando as súas achegas á Mancomunidade e esperar que en épocas de eleccións a Xunta incremente considerablemente as súas subvencións ao capítulo “Servizos Varios Cultura”.
A Mancomunidade do Ribeiro, neste momento, mantense aberta por interese político e persoais, que con gran probabilidade fosen a causa de que cinco dos máis importantes concellos fundadores da mesma abandonárana.