Sobre a exposición pública no concello do Irixo e as manifestacións do alcalde.
O Alcalde Manuel Cerdeira Lorenzo dixo "a exposición pública dos proxectos dos parques eólicos seguímola facendo anque pasou o prazo". Pois ben, eso non é informar, eso é impoñer, porque se alguén non estivese de acordo xa non poderá presentar alegacións porque pasou o prazo e quedou indefenso. Esto evidencia que o Alcalde pensa que xa conseguiu o seu propósito, ocultar o proxecto durante o prazo de alegacións e aparecer agora falsamente como partidario de dar información.
O Alcalde Manuel Cerdeira Lorenzo dixo "son os rumores que hai por aí que din que parece ser que puxeron unha denuncia". A denuncia está presentada. O Alcalde de O Irixo Manuel Cerdeira Lorenzo dixo "Preguntei á Xunta se é obrigatorio telo en papel e dixéronme que non é obrigatorio". Eso é falso porque a Xunta comunicoulle ao Concello por escrito que "para que as persoas interesadas poidan examinar a documentación técnica e presentar as obxeccións ou alegacións que consideren oportunas, achégolles os documentos que, xunto coa mencionada resolución, constitúen o obxecto da información pública, e que poderán descargar nesta ligazón". É obvio que o Concello debía descargar os documentos para que a veciñanza poidera examinalos.
O Alcalde dixo "Xa viña co escrito feito que é igual ao presentado en Lalín" esto é falso. Pedín un formulario no Concello de O Irixo e escribín a man que solicitaba a exposición pública dos proxectos que alí non estaban. Os correos electrónicos que se me enviaron son unha comunicación privada, por certo incompleta, e en ningún caso poden suplir a exposición pública da documentación que debe estar a disposición de todas as persoas por igual sen distincións.
O Alcalde dixo que "Presentaron alegacións duplicadas" esto é falso, porque ao ser dous parques eólicos e dous expedientes distintos cada persoa tivo que presentar dous documentos, un por cada proxecto. É especialmente vergoñenta esta descalificación ás alegacións que se presentaron con moito esforzo ao marxe do Concello cando este podía recollelas e parece que non recolleu ningunha. En canto a facer pública a miña profesión para sinalarme públicamente ou expresións como "mandamoslle a documentación por correo electrónico para facerlle un favor" ilustran ben o tipo de persoa que é este señor e a falta de respecto coa que fun tratada nas oficinas do Concello de O Irixo e tamén agora en antena.
En definitiva, todas as afirmación que fago son certas e están respaldadas por documentos. O Alcalde simplemente minte.