Sobre a falta de mantemento dos tendidos eléctricos e a pasividade co concello de Leiro
O grupo municipal do PSOE de Leiro vai a rexistrar un escrito no Concello no que lle pedimos ao grupo de gobernó que sex amáis incisivo coas empresas subministradoras de electricidade (Naturgi, ect) que son as responsables da limpeza dos perímetros por onde están ubicados os tendidos eléctricos. “Estas limpas deixan moito que desexar en Leiro, onde se lles permite que haxa árbores de grandes dimensións nas parcelas lindeiras ao tendidos eléctricos (de media e de alta tensión)”. Desde o PSOE sinalamos que esta situación conleva que en periodos de temporais, algo normal no outono-inverno, como a que vimos de pasar, estes grandes piñeiros ou eucaliptos teñen o risco de virse o chan e derrubar torretas ou o tendido eléctrico en si mesmo.
“Desde o PSOE de Leiro esiximos ao grupo de goberno de LEIRO que negocie coas empresas subministradoras para que esta situación mude de raíz e non se volva repetir. Non semella normal que varias parroquias do noso Concello sufra máis de 24 horas de corte de subministro eléctrico, cabe destacar a Parroquia de Gomariz fai unha semana, por un nefasto mantemento nos perímetros dos tendidos eléctricos”. Por eso en próximos días, despois destas datas navideñas vamos a rexistrar nas dependencias municipais , polo que queremos solicitarlle ao concello que facilite o asesoramento precios á veciñanza para presentar as oportunas reclamacións no relativo as posibles perxuizos ocasionados co corte do suministro eléctrico nos fogares e negocios.
PSdeG-PSOE de Leiro.