Sobre a Mesa Pola Normalización Lingúística
Como veciño da comarca do Carballiño quixera denunciar algo que non ten precedentes na historia da comarca, e é que unha Mesa pola Normalización Lingüística que está subvertida con cartos de todos os galegos, faga seguidismo do que di un partido político, o PSdeG.
Resulta alarmante o descaro co que o señor da Mesa denuncia un artigo que aparece no Faro de Vigo. E resulta altamente alarmante que veña aquí a soltar a gran mentira de que os galegofalantes disminúen en número. É radicalmente falso. A última enquisa publicada polo IGE dí claramente que as persoas que falan galego exclusivamente, pasaron do 29,96% no ano 2008 ó 30,84% no ano 2013. E que a suma dos que só falan en galego e os bilingües achega un resultado de 72.9% de galegofalantes.
Así que si a Mesa quere máis subvencións ou quere facer seguidismo dun partido politico en especial, polo menos que non veña difamando ó galego. Porque tratando o uso do galego como un enfermo terminal, o que está conseguindo é o desinterese e desmotvación dos nosos nenos e nenas por falar unha língua que é maravillosa e é de todos. Teñan vostedes un pouco de dignidade, e se non é moito pedir sexan un pouquiño máis rigurosos co uso do galego.