Sobre o contrato da auga no concello de San Amaro
O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de San Amaro despois de moitos meses de recabar información e documentación, estamos en disposición de denunciar abertamente e sen dubidas que os veciños e veciñas do San Amaro levan tempo sendo victimas dunha estafa en toda regla, e ao noso entender co consentimento por non dicir coa participación directa do alcalde deste pobo, o señor Ernesto Pérez.
Despois de estudar o expediente relativo a concesión do servizo de abastecemento de auga no San Amaro, podemos con todos os argumentos enriba da mesa concluir que o contrato asinado por esta institución municipal no ano 2009 para a privatización da auga e nos termos que foi feito, supón un engano e un atraco a man armada para os petos de todas as xentes do San Amaro, quenes unha vez mais teñen que pagar as interesadas desfeitas do señor Pérez.
A razón desta denuncia, explicase soa, Ernesto Perez arranxouse para que o Concello que malgoberna pague cada ano 147.095´65 euros en concepto de canon a unha empresa privada pola xestion do servizo de augas, cifra absolutamente escandalosa en comparación coas que se dan noutros concellos de similares caracaterísticas ao noso.
Esto supon unha hipoteca de gran envergadura, xa que implica pagar en 25 anos, tempo de duración do acordo, a escalofriante cifra de 3.677.391´25 euros , cifra esta á que para facerlle frente o inclito Ernesto Pérez, ten que solicitar todas e cantas operacións de crédito se lle poñen a tiro, como demostra o feito que do ultimo plan de pago a proveedores de 480.508 euros ao que se acolleu, máis da metade desta cifra fora para facerlle fronte a pagamentos a esta empresa, co agravante de que este endeudamento financeiro implica ademais a carga dos intereses que os bancos gravan e que o alcalde paga gustosamente cada tres meses, unha cantidade aproximada de 7.000 euros por un período de dous anos, porque son os cartos dos veciños do San Amaro e non os do seu peto.
A razón deste acordo a todas luces nefasto para as arcas municipais é para nos dunha claridade absoluta, por un lado está o pouco que lle importa ao alcalde o futuro do pobo e por outro, o interese persoal deste en favorecer a unha empresa intimamente ligada ao Partido Popular , a firma Geseco, en cuio consello directivo atopamos persoas que estiveron ou están ocupando cargos públicos vinculados este grupo político.
Trátase sen lugar a dúbidas dun contrato feito a medida para esta compañía como demostra o feito de que ao concurso concurriran outras firmas que estaban dispostas a asumir a mesma función por uns 30.000…. euros menos por ano o que suporía un aforro de mais dun 20 % e que non foi tido en conta pois Ernesto Pérez xa tiña moi claro a quen lle ia outorgar esa concesión.
Visto todo o anteriormente exposto os membros do Grupo Municipal Socialista no Concello de San Amaro esiximos a inmediata rescisión deste abusivo acordo absolutamente negativo para os intereses deste pobo e que só a inutilidade e a parcialidade interesada de quen nos goberna puido permitir que fora levado a término; e por suposto esiximos, tamén, a depuración e asunción de responsabilidades polo brutal esquilmamento económico ao que estamos sendo sometidos todos os que aquí vivimos co silencio mais que cómplice de quen nos goberna