Sobre o recurso de reposición da RPT
Véxome na obriga de escribir estas liñas para aclarar por que presentamos este recurso, en que nos basamos, que pretendemos e sobre todo cal é a nosa ideoloxía en canto ao tema laboral no noso concello.
Primeiramente decir, que a presentación de este recurso non é un paso forzado, nin un movemento apurado ou de revancha política. A presentación do borrador de esta RPT no mes de decembro, xa amosaba eibas de índole legal. Por aquel entonces xa aprobamos estudar o documento e no seu momento presentar alegacións para subsanar as deficiencias que nos lle viamos. Tal foi.
Presentamos un total de 23 alegacións das cales nos desestimaron 14. Catorce alegacións desestimadas en base a uns informes elaborados tanto polo interventor como pola secretaria cando menos tendensiosos e de parte. Sen entrar en detalles lexislativos, so decir que basar un informe técnico de estas características en un relatorio tal que "si existe unha RPT anterior a esta certas cousas son irregulares, se non existe unha RPT anterior a esta entonces todo está ben" non é so pouco profesional por parte de un funcionario, senon cando menos dubidoso en canto a cumprir a lexislación vixente.
Como acabo de decir, 14 alegacións foron desestimadas. Alegacións que van no chio de que a totalidade da RPT cumpra coa legalidade. Como non foi así, pois presentamos este recurso administrativo, previo ao recurso contencioso administrativo. Aqui quero aclarar que a interposición de este recurso NON paraliza, nin suspende a executividade do acto recurrido, é decir que nos presentando este recurso non paralizamos nada. O concello xa leva paralizado moito antes de que nos recurrisemos este documento.
Agora, intentarei aclarar un pouco que recurrimos. Temos claro que o bo funcionamento dun concello e dos seus traballador@s repercute directamente na marcha da propia vila a través dos servizos que ditos traballador@s prestan. Pero tamén é certo que para traballar como funcionari@ hai que aprobar unha oposición. PUNTO. E se entras como personal laboral hai tres opcións: concurso, concurso-oposición ou concurso de méritos. Nada máis. A lei de función pública no contempla o de obter unha praza a dedo. Si, a dedo. Como entraron moit@s de est@s traballador@s que tanto lles queima este recurso. Por que o digo? Pois moi claro. A unha persoa que obtivo a súa praza, ben de funcionari@ ben como personal laboral polas vias arriba descritas este recurso non lles afecta en nada, pois existe unha acta de toma de posesión da praza ou un contrato que respalda a súa valía para estar ahí. AHHHHHH..pero quen non ten estes papeliños...ahi é onde está o problema. O problema enton chámase ilegalidade.
Outro detalle non menos importante, é xustamente a carencia de funcionari@s en este concello. Como se arranxa esto?? Pondo a persoal laboral facendo funcións de persoal funcionario. Esto sería legal se non fose por que o persoal laboral NUNCA poden facer as seguintes funcións reservadas EXCLUSIVAMENTE a persoal laboral: actividades adminstrativas-burocráticas, por exemplo a compulsa de copias electrónicas de documentos.
Asi pois aqui o fondo do asunto é que neste concello ahi traballador@s que entraron a dedo ( de feito temos a un ex-alcalde pendiente de xuizo por meter a 37 persoas así en este concello, algunhas das cales siguen a día de hoxe ahí e que se oculta dita información para a adscripción inda non feita de postos de esta RPT) e aparte de que non teñen tal vez nin a titulación nin a formación necesaria para desempeñar as tarefas propias do posto de traballo que ocupan, están ilegalmente, pois no seu momento de acceder a ese posto non se respetou o precepto de igualdade de oportunidade, capacidade e méritos que obriga a lei para que calquera veciño ou veciña poida ou poidese optar e presentarse para ese posto de traballo . Eso é o que denunciamos. A falta de legalidade, o incumprimento da lei no acceso de algunha xente a eses postos de traballo.
Como podemos ter xente cubrindo un posto de traballo por medio de unha interinidade causada por enfermidade dunha primeira persoa e que unha vez fallecida esa persoa esa praza siga ocupada do mesmo xeito?? Esa praza ou ten que sair a concurso ou amortizarse....
Con respeto ao da praza de tesoreir@ con habilitación nacional, esa praza está creada e orzamentada. Non pedimos nada que non estea contemplado xa na lei. O problema e que a dia de hoxe XA tiña que estar cuberta por un funcionario nacional habilitado, non por unha persoa interina ( disposición transitoria sexta, apartado 2 do RD 128/2018).
Que fai falla persoal no concello do Carballiño? SI. Pero persoal cualificado e que accedan a esas prazas legalmente. Por que, sen ir máis lonxe...cando foi a última oposición ofertada por este concello?
Por qué non se sacan a concurso as prazas vacantes?
De feito estamos a punto de cumprir o mes de límite que marca a lei para que, dende a data de aprobación de esta RPT ( artigos 127 e 128 RD 781/1986), o concello publique a oferta de emprego público.....e de momento nada se sabe.
Por que non se sacou o documento de adscripción dos postos da RPT?
En que se basa o grupo de goberno para pasar aos dous técnicos dun nivel 28 a un 30 (sei o que pon o artigo 70.2 RD 364/1995 pero ese artigo refírese a consolidación do grao de nivel de toma de posesión. Para a suba de nivel ten que haber motivos xustificados, non chega só co paso do tempo neste caso tal como relata o artigo 3.2 RD 158/1996)??? Con esto aclarar, por poñer un exemplo sinxelo, que tería o mesmo nivel e os mesmos complementos numerarios o interventor do concello do Carballiño que o interventor do concello de Madrid....teñen ambos o mesmo volumen de traballo un con case 14.000 habitantes e o outro con máis de 3.000.000 habitantes???
Pero aqui o problema de todo esto claro que non son @s traballador@s, senon os distintos grupos de goberno que co paso dos anos e das lexislaturas teñen obrado sempre igual. E a xente cóllese no mundo laboral ao que pode e máis cos tempos que corren. Os dirixentes políticos sábenno. Pero tamén teñen que ser conscientes de que eso é ilegal. Comprar votos con postos de traballo. O político que o fai sabe a que se expón. O traballador que acepta tamén sabe que tarde que cedo lle cobraran o favor, esa praza de traballo, ese posto non é de el ou de ela. É do político que o puxo ahi. O seu voto será e é a moeda de pago. Se non fose así, por que molesta tanto entón este recurso?? Se todo é legal e nos estamos trabucad@s, entón que medo hai? Que problema crea todo esto?
Enténdase pois o motivo de este recurso. Non disparamos contra traballador@s que si cumpren coa súa obriga, que están ahi por que estudiaron e aprobaron unha oposición, por que teñen un contrato laboral legal, por méritos ou por concurso. Denuciamos a ilegalidade de entrar a dedo, por amiguismo. Esa é a base de este recurso e foi a base das alegacións que se presentaron no seu momento: denunciar estas situacións.
Non me vou extender máis, pois inda que todo o que se debería explicar enchería sete ducias de folios non creo que sexa necesario. Tod@s en maior ou menor medida sabemos o que hai. Quen non o queira ver é problema seu. Nos non podiamos ser cómplices de esta farsa. De este documento que o que pretende non é regular as traballador@s de este concello, o que pretende é só consolidar a esa xente que entrou ILEGALMENTE en deprimento dos demáis. Que imos en contra de 60 traballador@s e veciñ@s de esta vila? Non de eso nada...por qué esas 60 persoas han de ter ningún tipo de privilexio sobre outras 1000 veciñas e veciños do Carballiño que están no paro e que tamén teñen dereito a optar a eses postos?
E como remate aclarar que esta NON é a primeira RPT na cal os postos están ordenados e adecuadamente valorados....só hai que votarlle unha lectura a RPT do ano 2000-2001. Está publicada no BOP e me imaxino que andará extraviada polo arquivo municipal. Esa RPT cumpría totalmente coa lexislación vixente de aquel momento (Lei 30/1984) no que foi aprobada, e inda a día de hoxe cumpre coa actual norma (Lei 2/2015).
Pode ser que non guste a alguns ou algunhas, pero ese non é o fin que buscamos. Por que se non defendemos a legalidade, a coherencia, a transparencia non estamos defendendo os intereses nin do Carballiño nin dos seus veciños e veciñas.
Se non defendemos eso, somos tan cómplices de esa ilegalidade como de seguir facendo as cousas por amiguismos e por desidia. E ese non é o xeito de facer as cousas ben. De mirar e defender o ben común.
Manuel Nogueira
Covoceiro de En Marea comarcal e
integrante de Alternativa Veciñal-en Marea