Sobre a oleada de roubos
Escoitábamos en Cope Carballiño a noticia de que un coñecido establecemento da vila sufría por enésima vez un roubo con forza.
Sendo certo que estos feitos causan a lóxica alarma social, dende aquí quixera romper unha lanza polas forzas de seguridade. Fai unhos días foron detidos os presuntos autores do penúltimo roubo cometido no debandito establecemento.
Esto, non se coñece pola maioría da veciñanza porque forma parte do traballo calado e discreto das forzas e corpos de seguridade. Esta labor non transcende, a non ser que se trate dun caso mediático. Pois ben, estas persoas detidas, que inmediatamente pasaron a disposición do xulgado, foron automáticamente postas en liberdade por dito órgano xudicial.
Temos un sistema penal altamente garantista. Sin entrar a valorar se tan alto nivel de garantías para os presuntos delincuente sexa excesivo ou non, a consecuencia inmediata é que os sempre presuntos autores continúan na rúa, podendo continuar co seu "traballo".
Cabe perfectamente a posibilidade de que o último roubo fora cometido polos mesmos que foron detidos polas forzas de seguridade fai uns días.
As nosas forzas de seguridade levan moitos anos traballando en condicións bastante precarias e con falta de personal e os resultados do seu traballo non sempre se coñecen.