A TELENOVEL@ DO IRIXO
E digo eu, despois de ler noticias e comentarios varios, este equipo de Goberno non pode deixarse de "rabechas" e gobernar que para iso houbo unhas eleccións nas que se votou? Aínda que gañase o PP
Porque a día de hoxe no noso querido Concello hai carencias, debido a esta telenovel@. Un exemplo?
O día 1 de xullo comeza o campamento e non sabemos que fillos están aceptados nin a quen dirixirnos para darnos información.
2ª exemplo? A leira que colinda coa miña casa está chea de vexetación que invade a miña leira, e ninguén vén limpala, salvo eu. E os camiños e cunetas.........
Por certo, por se non se deron conta, cando se goberna hai unha oposición. Que non lles gusta?
Síntoo pero son as regras da democracia. A cal custou moito alcanzar.
P.D.: Isto vai dirixido a Xuntos polo Irixio e PSOE. Non vaia a crer o PSOE que todo o fan ben (mellor que Xuntos si, pero non todo)