Un proxecto ambicioso para o entorno da Veracruz

30, Abril 2010

 En relación as obras que se estan a acometer no entorno da Veracruz,contemplamos os cidadáns como a pesares das xestións realizadas dende o Concello as obras continúan sen que se teña a sensibilidade de parar cautelarmente éstas para dun xeito sereno tentar de evitar un novo "sitiamento" da obra de Palacios.
 Pero eu, modestamente, penso que podemos aproveitar ésta oportunidade e facer da necesidade virtude,xa
que estamos diante da posibidade de facer xusticia co noso templo emblemático e recuperar en certa medida a súa grandiosidade.No seu momento tíñase un compromiso por parte da Xunta de facer unha actuación para recuperar a vistosidade da igrexa mercando a finca que linda coa actual casa onde viven os cregos,a idea contemplaba tamen a retirada deste edificio,ven desmontandoo e repoñelo noutro lugar ou outra formula.Ésta actuación que mesmamente podería ser complementaria da actual, sigñificaría gañar a vista do templo dende
Conde de Vallellano.SE NALGÚN INTRE CONSTRUESE NO SOLAR DESCRITO quedaría ABSOLUTAMENTE "TAPIADA A VERACRUZ"-.
Cando Don Evaristo (en tempos tamen moi dificiles) abordou a construcción do Templo,foi tachado de utópico
pero ahi ésta a súa obra,os/as carballiñeses/as  temos unha débeda con El, con Palacios e co noso
Templo pola desfeita que se fixo no seu entorno  por políticas urbanísticas especulativas irresponsables.
As corporacións municipais chegan a ser recoñecidas ou igñoradas en función dás súas iniciativas,ésta posibilidade marcaría una antes e despois na nosa vila e sen dúbida prestixiaría permanentemente a actual  corporación.
Cumpre facer un replantexamento TOTAL sen presas, onde deben estar implicados a Xunta a traves de Cultura e Patrimonio, Obispado Concello e tecido asociativo e empresarial do Carballiño para entre todos tentar de poñer á Veracruz no lugar que lle corresponde pola súa maxestuosidade.Debemos ser ambiciosos nos retos, característica inherente aos/as carballiñeses cando de iniciativas a prol do seu pobo se trata.Existe un diseño que non ten por que ser éste,sen dúbida ésta inicativa sigñificaria "pagar en certa medida a débeda contraida"
polos desastres  cometidosque non se poden esquencer,pero cumpre mirar   mirar hacia diante e engadir ao Carballiño un novo atractivo e tiron turístico en base a un proxecto integral.
 
 
                                           Xosé Fco. Ferreiro Abelleira  (Chema)
                                                     DNI.- 32397278F