Veciños desinformados

29, Outubro 2014

Esta obra que se está a facer nas rúas -que está moi ben- demostra o pouco que lle importamos os veciños ós gobernantes. Prego, solicito e suxiro que se empreguen parte do que custan os folletos electorais cos que se nos atascan os buzóns en certas épocas para IN-FO-RMAR-NOS ós VE-CI-ÑOS por onde hai que pasar para acceder ós nosos garaxes, cando e como se pode entrar ou saír e, se fora do caso, os día e as horas que non se poida transitar. O trato altaneiro dos municipais tampouco axuda moito, aínda que seguro que iles non teñen a culpa desta desorganización. Oxalá que, polo menos, quede ben. Grazas.