Vigo-Oporto 10 euros. O Carballiño-Ourense 2,65 euros. Todo moi lóxico e normal
Sempre que se fala do transporte público na tertulia de Cope Carballiño faise fincapé no número e horario das frecuencias pero nada se fala do prezo do servizo. E é que viaxar por autobús de O Carballiño a Ourense (30 kms) son 2.65 euros, a 0,088 euros o kilómetro. Mentres que de Vigo a Oporto (150 kms) son 10 euros, a 0,066 euros o kilómetro. E dicir, os veciños do Carballiño pagamos un 33,33% mais por kilómetro que un veciño de Vigo. Co agravante de que a renda per cápita dos carballiñeses é inferior ao dos vigueses. Resumindo, pagamos mais e cobramos menos. Non sei se esto é cuestión de subvencións ou que pero debían darlle unha volta a eso.