XA SABEMOS CAL VAI SER O SEGUINTE

9, Xaneiro 2023

Ordiá! Mi madriña! Non me percatara de que acontecerá iso. E iso que son veciño de Corzos pero non é unha zona aconsellable pra andar ou pasear. A verdade é que a situación de Corzos é máis ca lamentable, sobre todo na parte de Maside. Analizando a situación, primeiro foi a chapuza da canalización do rio no ambulatorio, despois outra chapuza maior detrás do Casa Arsenio (estamos a falar nada máis e nada menos ca de 100 m dun tunel de risa), agora esto na zona das pistas da Autoescola. Todo isto leva consigo estradas pechadas con cintas e inversión económica por no facer as cousas ben no seu día. Como non conto que os de Maside se manchen as botas, xa o fixen eu por eles para que despois non se diga que a xente non toma iniciativa e non se coñecen as cousas ou os problemas. O seguinte dique que toca que revente e o pase do rio detrás da piscina climatizada de Corzos. Que estean tranquilos os políticos de Maside, que sen ser técnico xa digo eu que este ano aguanta, pero a erosión no talud xa comezou. Máis cedo ca tarde, tamén a auga fará burato para sair. Adxunto imaxes de como canalizaron baixo a carretera o mesmiño rio dos desastres anteriores, e ata onde chegou a agua rio arriba. Tamén adxunto como se canalizou correctamente o río ( a 200 metros da piscina) o seu paso por baixo a estrada OU-504 Ribadavia-Cea cun tunel de polo menos 4 metros de diámetro. Nada que ver cos tres tubos de 60 cm detrás da piscina.

Como dixo o copenauta anterior, haber que ten que dicir o respecto a Hidrográfica destes traballos.

Eu xa cumprín como cidadán, e vou durmir tranquilo. Queda todo o mundo informado e avisado.