XENTE SINVERGONZA A CARGO DE CANS

19, Maio 2024

Esta é a carreira de obstáculos (e cheiros) para entrar ou saír no portal nº 43 da avenida do Balneario. 6 deposicións (MERDAS) caninas e as marcas dos recorrentes ouriños ( MEXOS) caninos (e seguro que algún "in-humano"). É incrible cómo alguén pode andar tan tranquilo polo mundo e parecerlle normal levar o seu pobre can a cagar ó portal duns pobres veciños, que coman e cheiren a merda de cans alleos. Curiosamente, neste edificio só vive un can, e xamais o verán cagar na porta, pero para o resto de donos de cans de Carballiño debe estar de moda vir a esta rúa cagar na porta dos veciños. 

A culpa non é do concello, nin dos moitos ou poucos barrendeiros, nin de quen mande nin deixe de mandar. É obriga legal e moral (aquela da que carecen) recoller as cagadas do teu can e non deixarllas na porta ó veciño. Non pode haber un barrendeiro detrás de cada persoa, antes de que alguén conteste que poñan barrendeiros para barrer esto. É abrumador pensar que existe xente que considera deixar ahí as cagadas é normal. Algúns, estando eu no portal, poñen a cagar o can diante das miñas narices e siguen o seu paso como se nada, e ainda que lles chames a atención, nin te miran.

Daríame vergonza ser coma vos. Indixencia mental na súa máxima expresión. Pobres de nos, e pobres dos vosos cans.