Xociviga sen control
Quero a través desas liñas denunciar a falla absoluta de control das pasadas Xociviga, nas que se proxectaron peliculas para nenos e películas para adultos. Sen embargo nas películas de adultos acudían rapaces e rapazas menores a ver películas da sección de adultos, cousa que pasou cando no auditorio se proxectou a longametraxe "Los hombres que no amaban a las mujeres", na cal pasamado e coa boca aberta vin como rapaciños e rapaciñas menores de 15 ou 16 anos acudiron a ver esta película na que había escenas de sexo tanto entre parellas do mesmo sexo como sexo (muller cunha muller), entre parellas de distinto sexo (enténdase home cunha muller), escenas de violación sadomasoquista dun home maduro cunha rapaza de vinte e tantos anos, a sádica vinganza da rapaza violada vexando atá límites insspeitados ó seu violador, escenas de violencia gratuíta e escenas de asasinatos coma na que o malo da película trataba de aforcar dun xeito moi realista ó protagonista. Certo é que os rapaces de agora xa están acostumados a ver películas de sexo e violencia, non osbtante coido que os responsables das Xociviga deberían ter moitísimo máis coidado á hora de permitir o acceso ás proxeccións de adultos cando se pasen películas cun clarísimo contido de sexo, violencia e violacións. Pero claro, como O Carballiñoi is diferent deixamos que a nosa xuventude as vexa sen reparar no dano moral que lles poden provocar estas esceas de sexo, violencia e violacións... Por certo, ca que o señor alcalde do Carballiño e o señor Marnotes estaban presentes na proxección, máis lles vale que para as vindeiras Xociviga teñan a ben impedir que neniños acudan a ver estas películas de adultos.