A vía xudicial e o adianto das derramas ten lagunas
Poño por diante que entendo a boa fe do consello do copenauta. E é un bo consello en condiciones óptimas. Pero non é sinxelo aplicalo na vida real. Porque como ben sabemos, non podemos esixir en virtude da Lei de Propiedade Horizontal unha derrama que supere tres cuotas da comunidade. E dícir, se un veciño se negase a facer fronte a ese pago estaría no seu dereito. Entón, terían que facer fronte os que disexen que sí?? Entre o adianto dos arranxos, e as minutas de abogado e procurador (sería un pleito civil) superaría con creces esas cantidades.
O consello é moi bo polo que respecta ao seguro de responsabilidade civil, ou multiriesgo da comunidade de veciños. A partir de aí, se o seguro non respondese, o camiño que propón que exploren os veciños é longo, farragoso e moi costoso.
Pola outra banda, o que se está a denunciar nesta canle é a falta de sensibilidade do concello (ente público) e da empresa concesionaria. Que teñen outros recursos (o concello dos sacrificados contribunintes) e a empresa concesionaria dos benefizos do servizo, e probablemente os empreguen de xeito leonino e abusivo. Pero entendo a moi boa fe do consello.