A Calamitosa situación nos parques infantís e nas rúas do Carballiño
Non podo escoitarvos todo-los días pero ¿para cándo un programa sobre a
situación dos parques infantís do noso pobo? sobre as zonas verdes desta
nosa vila? sobre as plazas públicas e rúas peatonais?
Non o merecen igual que os raposos, igual que a canceira?Ou é mais
importante falar dos cans mortos enterrados na canceira?? Pensade un pouco
nos vivos e denunciade o estado calamitoso das nosas rúas, prazas, parques,
etc...
Cando se lle vai a preguntar os pais, os avós, os foráneos q utilizan esas
zonas de esparcemento deste pobo abandonado polos seus políticos.
Preguntádelle a xente o q pensan da situación dos aparatos nos q xogan os
nosos nenos, das inexistentes fontes nas que poidan beber mentras están a
xogar, das rúas peonís onde hai q esquivar as bicis e os monopatíns q
pasan a toda velocidade. Preguntádelle os nosos maiores si non lles da medo
pasear por esas rúas co risco de tener unha caída. E os pelotazos con eses
balons. Seica nunca vos diron ningún!!!! Q fai a policía local para facer
cumplir as normas?? quén é o responsable q lle debe esixir a policía q
faga o seu traballo?? quen mira por unha vila, q depende moito do sector
servicios, dos servicios q ofrece os seus veciños e ós q veñen de fóra a
visitarnos?
Por favor, esto é o q lle importa ós veciños. O q atopan todo-los días
nesta vila abandonada dende fai tempo.