A Praza das Monxas, perigo público
A praza das monxas unha das máis céntricas prazas da nosa vila é
actualmente un perigo público por que alí os rapaces xogan á pelota sen
control ningún, pois os viandantes que por alí pasamos nos vemos obrigados
a facelo con moitísimo coidado non sexa que cando menos o esperas che veña
accidentalmente un soberano pelotazo directo á cara xa que os rapaces que
alí xogan á pelota aparte de mala puntería non deteñen o seu xogo cando a
xente pasa por esta praza. Ademais os transeúntes non son os únicos que
reciben pelotazos xa que as farolas, as fiestras da parte posterior da casa
dos Quiroga e as persianas do colexio das monxas son tamén diana das pelotas
que lanzan os rapaces o que provocou que xa se romperan varias farolas desta
praza e varios cristais das fiestras dos edificios colindantes. Non é que me
opoña a que os rapaces xoguen nesta praza, pero coido que xa é hora que as
autoridades municipais tomen cartas no asunto impedindo que os rapaces xoguen
á pelota nesta praza na cal xa teñen dado bos pelotazos a máis de un
viandante que pasa por ista praza por que a este paso só é cuestión de
tempo que lle rompan os escaparates de algún negocio desta praza ou lle dean
tal pelotazo a alguén para que haxa que lamentar algunha desgraza. Señores
gardas municipais dense unha volta de cando en cando por esta praza e
disuadan os rapaces que xogan á pelota nela por que, e creo que falo en nome
de todos dos que por alí pasamos habitualmente, xa está ben de que teñamos
que pasar por esta praza mirando hacía tódalas partes esquivando pelotazos
como se estivésemos nunha zona de guerra.