¿ Existe a rúa Puerto Rico no Carballiño ?

28, Febreiro 2010

ALGUNHA VEZ ESCOITARON FALAR DA RÚA PUERTO RICO?¿SABEN ÓNDE SE ATOPA?
SE NON O SABEN, NON SE PREOCUPEN, OS BARRENDEIROS TAMPOUCO; SE TRABALLARAN DE 
NOITE, EU ENTENDERÍAO, PORQUE HAI TRES FAROLAS E NON ALUMBRAN UN "CARRALLO" 
(DESCULPEN A EXPRESIÓN).
PERO DO QUE NON NOS PODEMOS QUEIXAR É DE QUE TEMOS XARDÍNS, SI DE "MALAS 
HERBAS", ESO SÍ; XA QUE CADA VEZ QUE ROMPE UNHA TUBERÍA LEVANTAN A ACERA E 
LOGO TAPAN O ÓCO CON TERRA.
E PARA NON DEIXALOS COA DÚBIDA DE SI EXISTE ESA RÚA OU NON,  ALGÚNHA VEZ 
VIRON A UNS "KAMIKACES" QUE ATRAVESAN  O COCHE NO MEDIO DA RÚA JULIO 
RODRÍGUEZ SOTO, POIS ÉSES SÓMOS NÓS, XA QUE A MÁN DEREITA HAI UNHA 
RINGLEIRA DE CONTENEDORES DO LIXO; E A MÁN ESQUERDA UN BUZÓN VERDE DE 
CORREOS E UNHA MOREA DE VEHÍCULOS ESTACIONADOS, ASI QUE NON NOS QUEDA 
DOUTRA.
¡¡¡¡AGORA, XA PODEN DICIR QUE PUERTO RICO TAMÉN TEN RÚA NO 
CARBALLIÑO!!!!