As farolas da Avda. do Balneario
Hoxe ó pasar pola Avenida do Balneario a iso das 6 da tarde quedei sorprendido ó ver tódalas farolas desta avenida encencidas dun extremo ó outro desta rúa tal e como se pode ver na fotografía adxunta. Pero o máis
sorprendente é que sobre as 8 da tardiña mentras que as farolas de outras rúas próximas a esta avenida estaban encendidas as da Avenida do Balneario estaban apagadas. Eu non sei vos, pero a min isto a min paréceme un despropósito e un despilfarro sobre todo cando dende o concello se están facendo campañas de aforro enerxético. Por certo unha cousa máis ó final desta avenida no comenzo da "rúa" dos Carboeiros hai unha farola que está permanentemente encendida día e noite para iluminar a entrada á rúa dos Carboeiros, que nin é rúa se non un camiño de carro mal asfaltado e cheo de baches en todo o seu percorrido.