Un Concello sen Alcalde
Esta é a sensación que temos os veciños de Piñor. Antes a moitos molestábanos que nos chamasen Piñor de Cea, pero como continúe moito tempo esta personaxe de "alcalde" o que teremos e que fusionarnos cos de Cea. Ao tanatorio hai que ir a Cea, ao fútbol hai que ir a Cea, ao pavillón hai que ir a Cea, ás piscinas hai que ir a Cea, as empresas están en Piñor pero o polígono estase facendo en Cea, en fín, non sigo que me abergoño a min mesmo. E por enriba o Sr. Fraga custanos 1500€ ó mes, un escándalo.Por se non chegaba co que tiñamos agora rouban 11000€, e o alcalde di no pleno que non sabía que tiñan tal cantidade na caixa. Eu son da opinión do Concelleiro do BNG, o Sr. Saco, estes cartos hai que devolvelos. Se non aparecen como o responsable do que pasa no concello é o alcalde, que para iso cobra, que os devolva él, iso sí, en cómodos prazos.