Folga de funcionarios
Vaia por diante o meu rechazo á reducción de soldos acordada para os
funcionarios polo goberno do partido socialista dos OBREROS españois.
Non hai dereito a recortar os soldos como se vai facer a partir do mes de
Xullo. Entre recortes, subida do IVE, da luz e demais, non sei como van facer
moitos para saír adiante. Esta xente tamén ten hipotecas, fillos que
manter, gastos coma calquer cidadán da empresa privada. Non digo que non se
deba facer un axuste, cequais unha conxelación, para manter ó gasto
público. Pero reducir os soldos desta xente que en moitos casos non deixan
de ser mileuristas me parece un despropósito i é un empuxón mais para
saír do goberno.
Pero o que si me gustaría é chamar a atención dos funcionarios ós que se
lles enche a boca de exabruptos en canto se lles toca a carteira pero que
están caladiños cando se trata de falar de rendemento laboral.
Como pode ser que unha importantísima maioría de funcionarios non respeten
os seus horarios de traballo. Como pode ser que algunhas funcionarias de
certo organismo estatal estén de terracitas tomando cafeciños toda-las
mañáns na cafetería César, ou que se dediquen a face-la compra e andar de
paseo polas rúas de O Carballiño cando lles ven en gana. Quen controla os
horarios desta xente. Ou é que sobra xente neste organismo??? Pois
que reduzcan persoal, que manden xente para onde faga falta ou que os manden
para casa.
Como pode ser que certo persoal sanitario non se atope no seu
centro de traballo ás 8 da mañán que é a súa hora de entrada. Non, van
chegando a partires das 8h30, 9h, e vánse ás 13h, ás 14h. É non se che
ocurra chegar ó médico ás 13h30 ou cerca das 14h que se cadra levas un
rapapolvo xeitoso.
E dos traballadores do Concello, que vou dicir. Xa o sabemos todos. Se non
hai forma de pillar ós nosos gobernantes como para pillar ós traballadores.
O outro día, na praza maior, un traballador estivo falando mais de 20
minutos con uns veciños sin facer nada. Eso é o rendemento do traballo que
sacamos desta xente.
Pois o mesmo podemos falar do persoal xudicial.Quén controla a toda esta xente son intocables???
E xa non me vou referir a atención que lle prestan ós penitentes que temos
que acudir a facer calquer tipo de xestión a un organo oficial. Mais que
para axudar parece que están para que non os molestemos. Coñezo exemplos de
funcionarios que pasan mais tempo nos seus despachos privados ou de empresas
privadas para as que prestan servicios que nos seus postos na
administración.
P.D. Perdón por xeneralizar, que tamén hai bós funcionarios. Teño
exemplos ben cercanos, como un magnifico traballador no INSS de Ribadavia.
Eso é ser funcionario. Axudar os cidadáns a realizar as xestións que
teñan que facer cos organismos oficiais.
Non, ó decretazo contra os funcionarios. Sí, ó control exhaustivo do
traballo dos funcionarios.