Avda de Compostela : Suma e sigue...mal
Unha vez máis, o pasado venres de madrugada, a iso das tres da mañá,
empezou a chover. Non pasaron nin dez minutos cando os sumidoiros que hai a
altura da rúa Piñor, mais ou menos a altura do número 56 , escomenzaron a
expulsar auga sucia para fóra, anegando parte desta "ilustre avenida", cos
conseguintes problemas para os veciños. Aínda non se fóra o cheiro e a
porquería, cando caen outras catro gotas o domingo a iso das seis, e a mesma
historia...a inundarse todo unha vez máis, e a volver a limpar. E
pregúntome: si nós pagamos impostos, que polo que escoito van a subir,
¿acaso non temos dereito a que se arranxe dunha vez esta chapuza que se nos
fixo coa reforma desta rúa?, ¿hai que esperar ás eleccións para que se
faga algo?,Si ocurre unha desgracia, xa que os peóns non saben por dónde ir
con todo anegado e os vehículos pasan igual, ¿quén é o responsable?.Non
se olviden de que por esta avenida pasan todos os autobuses escolares do
pobo. Esta rúa sempre estivo deixada da man de Deus. Non hai quen limpe os
sumidoiros, que están atascados. Cando pasa a máquina que limpa , seica
tén orden de non parar nesta zona. A rúa esta sucia. Menuda imaxe para
todos os que veñen por esta avenida , que son moitos, xa que é unha das de
máis tráfico da vila. Seguro que para a festa do pulpo a limpan e ata o ano
que ven. Por favor, espero que algún político de BEN, faga algo por estos
veciños, que aínda que son poucos, merecen vivir tranquilos cando caen
catro pingas, porque O Carballiño non é só a rúa do centro . E senón que
nos deixaran como estábamos, que alomenos podíamos descansar cando orballa
. Gracias.