Avenida de Compostela, outra vez
Unha vez máis , na noite do sábado ó domingo 14 de novembro, se volveu a
inundar esta avenida. Xa son tantas as veces que isto ocurre que xa nos
estamos acostumando, e iso é o malo, que pouco a pouco isto vaise deixando e
logo xa ninguén fai nada. Hai que dicir que os sumidoiros están cheos de
follas e de lixo, e que sería convinte que se limparan máis a miudo, que
tamén pagamos impostos . E non será por falla de persoal ,porque mira que
hai xentiña metida no concello, e si é preciso que os manden a limpar as
rúas, que alí dentro non hai tanta silla para todos. Tamén parece que o
sr. Amil se preocupou un pouco polo tema, mandandolle a aquagest que limpara
as tubaxes, aínda que non foi suficiente, pero esperemos que se arranxe como
prometeu para o ano ¿non si? Quero tamén agradecer á COPE que nos deixe
contar ós veciños o que pasa no pobo, e tamén para que os que nos gobernan
traten de tomar medidas para solucionar os problemas.GRAZAS.