"O Concello de Piñor có deporte"
O CONCELLO DE PIÑOR CO DEPORTE. Este é o titular que empregan desde o
concello no último boletín informativo que sacaron. Nel enumeran as
actividades deportivas nas que "colabora" o concello. Ximnasia de mantemento:
unha parte pagana os usuarios e a outra a Deputación, onde está a
aportación do concello? Natación: igual que a ximnasia. Andainas: non
teñen ningún custo para o concello. Ademáis, aínda que eu non estou en
contra de andar, senón todo o contrario, esto en sí mesmo non é un
deporte. Axudas a clubs deportivos: en 8 anos que leva o Sr. Fraga de alcalde
estas son as primeiras axudas que concede, en total 1400€. Que por certo
aínda non pagaron.
Por outra banda fala do gasto do gasoil para as máquinas que estiveron no
campo de fútbol de Valcovo, uns 2000€. Tendo en conta que no Concello de
Piñor non hai nin unha soa instalación deportiva, e que pola contra si hai
unha gran demanda: temos tres equipos de fútbol sala, un de fútbol, xente
que compite en canicross, afeccionados ao enduro, afeccionados a equitación,
xente competindo en ralis, afeccionados aos coches clásicos..., non me
parece a min que gastar 3400 euros en 8 anos sexa estar co deporte.
Esquécese o sr. Alcade de mencionar a gran obra que fixo no Arenteiro, iso
sí, subvencionada pola Xunta. "Gastou" 50000€ en botarlle cemento pulido a
unha pequena "pista de fútbol sala", debe ter uns 200m2. E tampouco menciona
tódalas trabas que nos pon aos clubes deportivos e demáis afeccionados ao
deporte cando impide que outras administracións constrúan instalacións no
noso Concello. Poño os exemplos dunha pista polideportiva solicitada á
Xunta por un clube de fútbol sala e que lle foi concedida. Fixo o posible e
o imposible por botar a baixo o proxecto, e non anda lonxe de conseguilo. O
campo de fútbol de Valcoco, que tivo a desfachatez de dicir nun pleno que o
Concello non pode gastar os cartos en caprichos da xente.
E por hoxe non vou seguir, pero aínda hai máis.
SI SEÑOR ISTO É ESTAR CO DEPORTE. FAI FALLA SER CARADURA.