Festa do polbo e coca-cola ?
Non sei será que non bebo cocacola desde hai moitos anos, pero isto de
relacionala coa festa do polbo non acabo de entendelo. Unha cousa é que se
busquen maneiras de promocionar a festa e outra é venderlle a alma ao demo.
Estou convencido que se a empresa da bebida puxo o ollo no Carballiño non
é porque lle pareza interesante a festa nin nada polo estilo, é simplemente
unha maneira de buscar mercado, de introducirse máis e máis en todas
partes, para que, ata nas festas máis enxebres, non se beba outra cousa.
Pensan os reponsables locais na repercusión real que ten isto? que dirán os
colleiteiros do ribeiro? Alguén cun mínimo criterio de saubridade pensa que
é bo que se beba cocacola? Realmente vaiselle mellorar a festa do polbo
porque unha persoa en Málaga teña na man unha botella cunha referencia á
festa?
Sospeito que este suceso non é máis que outro paso cara a destrución do
propio, da uniformización, da invasión das grandes empresas que coa súa
voracidade non deixar vivir a ninguén máis. O que me estrana e doe é que
ninguén diga nada. Seguro que alguén aínda pensa que nos fan un favor