Boborás a escuras
Son veciño de unha aldea do concello de Boborás e quero denunciar
que o noso querido don Cipriano despois de ter o concello tan endeudado sen
ver que nos últimos tempos faga nada , so facendo alguhas cousas en Pazos de
Arenteiro coido que para nada , primeiro apaganos parte do alumeado público
cousa coa que estivemos de acordo case que todos e agora resulta que nos
apaga todo durante a noite , como se nota que el non vive aquí e entón
tanto lle da.As nosas aldeas están quedando sen xente e con decisios coma
estas acaba con elas enseguida por o tanto espero que recapacite e si lle
digo que a maioria imos loitar pa que así sexa.