Alcaldadas
O desatino de Argimiro Marnotes non ten límite, o home que parece querer
facernos crer que inventou o pulpo á feira e foi quen o trouxo a Arcos,
acaba de anotarse un novo tanto no seu marcador particular de xestións
desastrosas e decisións estranas, tendo nesta ocasión o plato de pulpo como
involuntario protagonista.
Hai tan só uns dias atopabámonos coa noticia de que unha feira de marisco
celebrada en Madrid ia tentar batir o record do plato de pulpo mais grande do
mundo que ostenta a nosa vila dende hai un par de anos é que como todos os
veciños lembramos foi un momento que lle deu moita sona a o Carballiño e
que durante uns dias nos puxo na primeira liña dos informativos de todo o
pais con grande despliegue de medios de comunicación nunha Praza Maior
ateigada de xente.
O de que na capital de España tenten batir o récord, non tería de por sí
nada especial, se non fora porque gracias ás xestións do señor Marnotes o
plato co que tentaron levar adiante esta idea foi o noso, o mesmo que se
utilizou aquí, que o señor alcalde do Carballiño xentilmente puxo todos os
medios para ceder.
Soa un pouco raro que dende o noso concello se axude a outra cidade a que ese
récord nos sexa arrebatado pero todo se aclara cando averiguamos que a
empresa pulpeira da nosa vila que participa nesa feira é unha firma
vinculada familiarmente a Argimiro Marnotes
Agora si parece que queda todo claro, a prioridade é axudar á familia antes
que manter un récord que fai recordar a moita xente, de aquí e de fora, o
importante que é o pulpo para a economía e mesmo para a identidade do noso
povo.
Unha nova anécdota no concurso de ideas rocambolescas do alcalde do
Carballiño