Mal funcionamento no reparto do correo postal

24, Novembro 2012

Penso que non son o único que ten motivos para queixarse do empeoramento que 
sufre o reparto do correo postal no Carballiño dende que se privatizou parte 
do servicio en beneficio da empresa Ourenpost. Pois ben, pasamos dun servicio 
anterior no que Correos e Telegrafos facía todo o reparto sen ningunha 
queixa a outro novo no que co pretexto de que faltaba xente en Correos no 
canto de facer novas contratacións, partimos o pastel e damolles o servizo 
os amiguetes de turno. Sempre pasa o mesmo cando goberna o PP. O resultado xa 
o sabemos todos: cartas que nunca chegan, que as recibe outra persoa, que 
chegan fora de plazo. Os carteiros da nova empresa velos perdidos de todo na 
rúa. Non saben nin por donde lles da o aire. E falamos de cousas tan 
sensibles coma recibos de aquagest, recibos do banco ou das compañias de 
telefonia.