A tomadura de pelo de Aquagest no Carballiño
Os veciños da rúa GALICIA estamos fartos da empresa AGUAGEST. As roturas
nesta rúa son constantes, esto provoca que despois as tuberías das nosas
casas veñan cheas de terra e atranquen calentadores, lavadoras etc. pero de
estas avarias a empresa non se fai cargo de nada (soo de pasar o recibo da
auga e como non se pague xa cortan). Pero o pior de todo isto é que levamos
varios días (frente o Garaxe Habanero) con un sumidoiro votando augas FECAIS
para fora e co seu respectivo mal cheiro, avisados varias veces po-los
veciños do que estaba a ocurrir presentáronse unhos obreiros de dita
empresa e comprobarosn dita avaría.
A contestación foi que xa mandarían os do turno seguinte, e de isto xa
pasaron varios días. Os veciños seguimos esperando pero a eles dañes
igual, SIMPLEMENTE LAMENTABLE, VERGOÑENTO É INXUSTO. Os vecños pagamos
relixiosamente os nosos recibos SEÑORES DE AGUAGEST, CUMPLAN CO SEU
TRABALLO.