O horario da Biblioteca Pública Municipal do Carballiño
A través destas liñas quero denunciar o pésimo horario que ten a
Biblioteca Pública Municipal do Carballiño polas tardes, pois este horario
é, totalmente, inapropiado para os/as sufridos/as que acudimos a ela
diariamente ou con certa asiduidade, xa que este establecemento público
está aberto, únicamente, ao público polas tardes de 5 a 8 cousa que é,
totalmenente, incomprensible, pois ate o ano pasado este horario era de de 4
a 9 da tarde. Aínda que descoñecemos cal é motivo polo que a biblioteca
conta con este horario tan pouco axeitado ás necesidades dos usuarios o que
si sabemos é que éste novo e, cando menos singular horario, supón un
retroceso nos dereitos dos usuarios habituais da biblioteca, xa que fai máis
dunha década se organizou unha campaña de recollida de sinaturas entre as
persoas que acudían a ésta para que o concello, gobernado entón polos
socialistas, ampliase o horario vixente pola tarde, que era por entón de 6 a
9, para quedar fixado polo serán de 4 a 9, non sen certas reticencias por
parte do bibliotecario, na actualidade xubilado, a fin de satisfacer as
demandas dos usuarios habituais da biblioteca por entón, que eran estudantes
e opositores. Como xa indicamos descoñecemos cales son os motivos que
levaron ós actuais gobernantes municipais a cambiar o horario vixente ata
fai pocuco na Biblioteca Pública Municipal do Carballiño, pero o que si
sabemos, sin lugar a dúbidas, é que o actual se trata dun horario,
totalmente inapropiado e, para máis INRI, se están vulnerando os dereitos
polos que moitos carballiñeses loitaron no seu día para que se ampliase o
horario da biblioteca municipal, a pesar da oposición que o bibliotecario
opuxo no seu día. Finalmente, queremos facer un chamamento ás autoridades
municipais para que cambien este horario que no presente rixe na biblioteca
por outro máis axeitado ás necesidades dos seus usuarios como por exemplo
volvendo a restaurar o vello horario de de 4 a 9 da tarde ou, no seu defecto,
o orixinal de 6 a 9. E unha cousa máis señores gobernantes municipais se
vostedes non teñen memoria hay quen si a ten e se buscan entre a
documentación que entrou polo rexistro do concello no ano 2000 ou 2001
atoparan una petición para ampliar o horario da Biblioteca Municipal do
Carballiño e as sinaturas que no seu día se recolleron para ampliar o
horario deste establecemento público e que vostedes están a vulnerar
sistemáticamente co presente horario que non satisface a ningún dos
usuarios que acude actualmente á biblioteca.